Alba de Groria

CADERNOS

PostHeaderIcon Alba de Groria lanza a idea de realizar un documental sobre a nova diáspora galega


AdG propón facer un documental audiovisual en GALEGOLAB

A Asociación Alba de Groria vén de rexistrar na plataforma de ideas sobre a lingua galega GALEGOLAB un proxecto para realizar un documental sobre a realidade lingüística, social e económica da diáspora galega. O proxecto recolle unha concepción diferente do feito migratorio galego, falando del do seguinte xeito.

“Galiza é un país global. Os procesos de migración e espallamento dos galegos e galegas dende finais do século XIX ata hoxe son unha das grandes lacras do noso país. Galiza, polo tanto, precisa de recoñecerse a sí mesma tamén na realidade dos que, fora do país, quixeron manter a lingua galega para a comunicación ou que, por un motivo ou outro, forman parte das comunidades galegas.
Aínda así, os emigrantes 2.0 (que demos en chamar a Nova Diáspora Galega) responden a un novo perfil. Conectados ás redes a tempo completo teñen unha relación máis estreita con Galiza grazas ás tecnoloxías da información e da comunicación. Polo tanto, son unha cidadanía máis informada e, xa que logo, máis critica. E queremos descubrir os seus problemas e a súa realidade, pois forman parte do futuro do país.”

O plazo de realización desta idea prantéxase no horizonte dun ano (até xullo de 2012) e prantexa  reunir un equipo de xente para buscar galegos residentes en todo o mundo. Os obxectivos básicos deste documental serían profundizar no coñecemento da realidade da lingua galega no exterior e do contexto social e económico da diáspora galega. Tamén se pretende, segundo fontes de Alba de Groria, “difundir unha visión da diáspora que supere os tópicos sobre a cuestión”.  O documental terá licenza libre creative commons ao final da súa realización.

A grande novidade que presenta este proxecto é o público obxectivo. O 'target' deste documental audiovisual é un público mixto que, segundo se recolle na idea, sería dirixido  “ao público xeral galego tanto de Galicia como do exterior”.

Entre as necesidades que presente á comunidade están 2 voces en off (unha masculina e outra feminina), un equipo creativo que realice o documental e tamén un grupo de xente que se adique a contactar con posíbeis participantes do futuro audiovisual.

Esta idea precisa de apoios na rede social GALEGOLAB para poder convertirse nun proxecto. Nun prazo duns dez días resolveráse se ten os apoios suficientes para poder continuar. En calquera caso, Alba de Groria comprometeuse a asumir a realización deste documental audiovisual sobre a Galiza global aínda no caso de que non prospere en galegolab.org.

A ligazón da idea é  http://galegolab.org/idea/documental-aud... .

PostHeaderIcon Xa podes asociarte!



Amigos e amigas de Alba de Groria

Xa podedes asociarvos á ASOCIACIÓN ALBA DE GRORIA! Asociarse é moi sinxelo: 




1º Enches o formulario.
2º Dámosche toda a información para asociarte.
3º Recibirás información sobre as actividades de AdG e doutras asociacións na diáspora. Así, tamén recibirás os newsletters de Cadernos de Comunicación e Análise.


Para ser membro de AdG, só terás que facer unha doazón ÚNICA dun mínimo de 10€. Colabora!

Para calquera dúbida, diríxite a albadegroria@gmail.com.





PostHeaderIcon A lingua galega no exterior

A lingua galega no exterior

O vindeiro día 9 de Febreiro a Asociación Alba de Groria, da man de Silvio Falcón, participará das III Xeiras sobre lingua galega que organizan os Comités da Universidade de Vigo. Falará dos proxectos da asociación así como dos Cadernos de Comunicación e Análise . Convidámosvos a todos a asistir para coñecer de primeira man a realidade da diáspora galega no exterior; así como a situación da nosa lingua galega máis alá das nosas fronteiras. 
Silvio Falcón compartirá a palestra "O galego do exterior" coa eurodeputada Ana Miranda. Podedes consultar o programa completo na seguinte ligazón
Para anotarvos tendes que seguir as instruccións que aquí se adxuntan.  Nestas III Xeiras participará xente da cultura galega como Yolanda Castaño, Teresa Moure, Xesús Ferro Ruibal ou Isabel Risco.


PostHeaderIcon Nace "Cadernos de Comunicación e Análise"

Nace Cadernos

http://www.cadernos.blogaliza.org

Ao longo do día de onte, no 61º cabodano da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao saiu á rede "Cadernos de Comunicación e Análise".

Cadernos de Comunicación é o primeiro proxecto da Asociación Alba de Groria, unha asociación galega pensada e feita dende a diáspora que comeza as súas actividades neste 2011. Cadernos só responde a unha das moitas necesidades da diáspora galega: información e interrelación. Aínda así, moitos espazos quedan aínda por cubrir. 

Alba de Groria non pretende abarcar máis do que poida xestionar o equipo humán que o formamos. Tan só ten por obxectivo aunar forzas no polo galeguista da diáspora para mellorar a comunicación e a realización de actividades co obxectivo de vertebrar, mediante as asociacións de diversa índole, un corpo representativo da realidade da Galicia Exterior. 
Terán máis información destes e máis proxectos, nesta casa. O http://www.albadegroria.com .



Cadernos

Alba de Groria

Alba de Groria é un proxecto, unha asociación: un sentimento. Nace nos montes da diáspora, pero quere regar as ribeiras de moitas persoas para acabar desembocando na nosa terra, na Galiza.

Seareiros