Alba de Groria

CADERNOS

PostHeaderIcon Alba de Groria lanza a idea de realizar un documental sobre a nova diáspora galega


AdG propón facer un documental audiovisual en GALEGOLAB

A Asociación Alba de Groria vén de rexistrar na plataforma de ideas sobre a lingua galega GALEGOLAB un proxecto para realizar un documental sobre a realidade lingüística, social e económica da diáspora galega. O proxecto recolle unha concepción diferente do feito migratorio galego, falando del do seguinte xeito.

“Galiza é un país global. Os procesos de migración e espallamento dos galegos e galegas dende finais do século XIX ata hoxe son unha das grandes lacras do noso país. Galiza, polo tanto, precisa de recoñecerse a sí mesma tamén na realidade dos que, fora do país, quixeron manter a lingua galega para a comunicación ou que, por un motivo ou outro, forman parte das comunidades galegas.
Aínda así, os emigrantes 2.0 (que demos en chamar a Nova Diáspora Galega) responden a un novo perfil. Conectados ás redes a tempo completo teñen unha relación máis estreita con Galiza grazas ás tecnoloxías da información e da comunicación. Polo tanto, son unha cidadanía máis informada e, xa que logo, máis critica. E queremos descubrir os seus problemas e a súa realidade, pois forman parte do futuro do país.”

O plazo de realización desta idea prantéxase no horizonte dun ano (até xullo de 2012) e prantexa  reunir un equipo de xente para buscar galegos residentes en todo o mundo. Os obxectivos básicos deste documental serían profundizar no coñecemento da realidade da lingua galega no exterior e do contexto social e económico da diáspora galega. Tamén se pretende, segundo fontes de Alba de Groria, “difundir unha visión da diáspora que supere os tópicos sobre a cuestión”.  O documental terá licenza libre creative commons ao final da súa realización.

A grande novidade que presenta este proxecto é o público obxectivo. O 'target' deste documental audiovisual é un público mixto que, segundo se recolle na idea, sería dirixido  “ao público xeral galego tanto de Galicia como do exterior”.

Entre as necesidades que presente á comunidade están 2 voces en off (unha masculina e outra feminina), un equipo creativo que realice o documental e tamén un grupo de xente que se adique a contactar con posíbeis participantes do futuro audiovisual.

Esta idea precisa de apoios na rede social GALEGOLAB para poder convertirse nun proxecto. Nun prazo duns dez días resolveráse se ten os apoios suficientes para poder continuar. En calquera caso, Alba de Groria comprometeuse a asumir a realización deste documental audiovisual sobre a Galiza global aínda no caso de que non prospere en galegolab.org.

A ligazón da idea é  http://galegolab.org/idea/documental-aud... .

Cadernos

Alba de Groria

Alba de Groria é un proxecto, unha asociación: un sentimento. Nace nos montes da diáspora, pero quere regar as ribeiras de moitas persoas para acabar desembocando na nosa terra, na Galiza.

Seareiros