Alba de Groria

CADERNOS

PostHeaderIcon Quen somos


Somos un grupo de persoas que pensamos en, por e para Galicia. Galicia é a nosa nai. É quen nos ensinou a estarmos orgullosos de ser quen somos. Procedemos de diferentes lugares do mundo (Barcelona, Compostela, Bos Aires, Lugo, Zurich…) mais os nosos folgos non esmoreceron;  non deixaron de enfeitizarnos as verbas da nosa lingua galega. E é por iso que nos embarcamos neste proxecto.

Defendemos unha Galiza global; unha Galiza inclusiva, na que todos e todas (vivan onde vivan, sexan como sexan) poidan colaborar e aportar unha parte do que son. Somos emigrantes, fill@s de emigrantes, net@s de emigrantes, sobriñ@s de emigrantes, prim@s de emigrantes… Representamos a parte máis difícil da realidade histórica galega, mais pensamos que, nestes tempos que corren, todos podemos sumar, todos debemos contribuír ao novo rexurdimento do noso país.

Somos parte do problema e tamén queremos ser parte da solución. Porque o noso país é Galicia, así o sentimos e así o dicimos.



Para máis info:


albadegroria@gmail.com





Cadernos

Alba de Groria

Alba de Groria é un proxecto, unha asociación: un sentimento. Nace nos montes da diáspora, pero quere regar as ribeiras de moitas persoas para acabar desembocando na nosa terra, na Galiza.

Seareiros